Descripción del producto
A novela de Álvaro Lago é un acerto na configuración psicolóxica dos tipos e das situacións; diríamos máis, é unha maneira excelente de achegarnos a esa Galicia que se ten chamado profunda —non no senso pexorativo, senón no de esencial e definitoria, en parte, da nosa realidade—. «Fado» resulta moito máis vívido e expresivo que calquer tratado de socioloxía. Porque Álvaro Lago coñece a mentalidade e a psicoloxía das xentes populares, as súas bruscas acometidas e, ao mesmo tempo, a xenerosidade que nace do afán de colaboración e do espiritu gregario: ese sentido de grupo pechado no que uns e outros se condicionan entre si. (...)
Álvaro Lago recrea un cadro bronco, de trazos duros, compensados con elementos de nobleza e de beleza (por exemplo na figura de Rosa, a meiga boa) no que un pobo gris se afonda na terra gris e na existencia gris dos seus habitantes, marcados e mancados por unha guerra lonxana. Non hai lugar á esperanza nese espacio choído e angustioso, de atmósfera opresiva, na que sucumbimos baixo a chuvia que cae eterna, sen sosego. Ante esa realidade apabullante, o viaxeiro rescata a dimensión máxica para salva-los através da imaxinación: historias de seres míticos, de sereas, de mulleres misteriosas e anecdotarios fantásticos.
Ese contrapunto cremos que é un acerto máis da obra de Álvaro Lago. Resultaba necesario. Sendo un bó retrato realista no que a acción está precisamente na non acción (verdadeiro desafío para o autor, do que sae airoso), sen embargo non sería suficiente. A introducción do elemento fantástico consegue aportar un equilibrio ao libro, que debén finalmente nunha metáfora: a imposibilidade de salvación, como un fado, como un destino ao que as xentes que habitan estas páxinas non son capaces de substraerse.
XULIO VALCÁRCEL
Fado, y vamos a lo esencial, es una historia tan realista como fantástica, ubicando este término en lo que pueda tener de «extracomunitario» la convivencia entre seres procedentes de ambos lados, el famoso espejo emplazado al borde del camino, etc. etc. Y que no piense nadie que Fado es una historia de espíritus, nada más lejos de la «realidad», sino la combinación entre la tierra y el mar, siendo ambos productos de altos vuelos. Que las sirenas no existan, ¿quién lo dijo?, no es aquí motivo de discusión. En todo caso siempre quedarán manatís entre la niebla para confundir a los marineros. Pero Fado, y esto es lo más bonito de su poderoso contenido, no solamente no confunde sino que, siguiendo a Pessoa, tampoco extraña, más bien entraña. Lo que es otro cantar. Y ahí va mi anuncio: lean esta novela, realista y melancólica como un fado. De nada.
VICENTE ARAGUAS